lunes, 16 de junio de 2014

Hasta la próxima.

Tras dous anos empregando este blog con uso didáctico hoxe poñemos fin a esta etapa, xa que en uns días remata o curso escolar e témome que esta é a última clase na aula de informática.

Moitas grazas a todos aqueles que me acompañastedes durante estes dous cursos. Adios Amigos

Herdanza dos grupos sanguíneos. Codominancia.




Todos posuimos algúna destes grupos sanguíneos: A, B, O ou AB.
O grupo sanguíneo é determinado polo xenes,  trátase dun caracter hereditário. O seu tipo depende da ausencia ou presenza de antíxenos A ou B no sangue, a expresión destes está controlado por tres posibles alelos:  alelo A, alelo B e alelo O . Os alelos A e B son dominantes por igual sobre o alelo O, o cal é recesivo.
Os glóbulos vermellos posuen na sua membrana celular unhas moléculas que se comportan como antixenos cando entran en contacto co sangue doutro individuo.Así:
Grupos sanguíneo A : débese a presenza do antíxeno A nos glóbulos vermellos.
Grupo sanguíneo B : débese a presenza do antíxeno B nos glóbulos vermellos.
Grupo sanguíneo O: carácterizase por non posuir ningún dos antíxenos nos seus glóbulos vermellos.

Se unha persoa posue o alelo A e o alelo B, o seu grupo sanguíneo será o AB, xa que ambos son dominantes e o seu fenotipo corresponde co seu xenotipo (AB). Este e un exemplo de codominancia: non hai un alelo que domine sobre o outro.



Para poder realizar unha transfusión de sangre satisfactoria necesitase saber con antelación  a que grupo sanguíneo pertence o pasiente. xa que se o sangue transfundido non se corresponde co seu grupo sanguíneo os seus anticorpos reaacionan contra os antíxenos da superficie dos glóbulos vermellos do doador. Esta reacción da lugar a creación de coágulos, a saída da hemoglobina dos glóbulos vermellos, e ata poder chegar a producir a morte.

A QUÉN E QUÉN ME PODE DOAR?