A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación
profesional constitúe un recoñecemento da competencia e madureza
daquelas persoas que non cumpren os requisitos académicos establecidos
para cursar estes estudos. Esta proba garante o dereito das persoas ao
acceso á educación e á formación ao longo da vida, co fin de aumentar a
empregabilidade e fomentar a promoción e a proxección da carreira
académico-profesional, logo de acadar o óptimo desenvolvemento das
capacidades individuais.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.
PRUEBAS DE ACCESO A CICLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario